Anímate a escribir

Dirixido a todos aqueles/as que algunha vez pensaron escribir textos para publicar en internet pero non se dan decidido, recollemos a seguinte anotación traducida e que está extraído do artigo ¿Cómo generar contenidos de calidad para Internet? escrita en ALT1040 el 29 July, 2011 por Inti Acevedo

“Algúns consellos básicos para xerar contido de calidade para Internet:

  • Busca e define qué cousas che apaixoan na vida. Escribe sobre iso.
  • Non teñas medo a equivocarte ou xerar rexeite.
  • Existen formatos diferentes dentro de Internet. Investiga sobre eles. Aínda que polo xeral aconséllase non escribir cousas moi longas, iso depende de onde colgues ditos contidos. Nun blog podes escribir cousas máis largas. Para Twitter tes soamente 140 caracteres, e en Facebook o Google+ contido de poucos parágrafos funciona moi ben.
  • Le blogs que falen sobre os temas que che gustan. Segue persoas e contas en Twitter relacionadas cos teus intereses. Aprende do que outros fan, fíxate que cousas che gustan e cales non. Faite un observador, decide que funciona, inspírate niso.
  • Mantén as cousas simples, sé claro coas túas ideas, busca un estilo propio ao escribir.
  • Abre un blog, escribe alí polo menos dúas veces por semana.
  • Participa na conversación. Moitas persoas esquecen que os comentarios, charlas, respostas en redes sociales xeran contido moi importante.
  • Investiga en Google, busca na Wikipedia, encontra a fonte, entrevista aos involucrados, escribe correos, crea contactos.
  • Sé creativo, escribe sobre cousas que che gustaría ler.
  • Usa Twitter e Google+.
  • Crea un sistema de traballo. Define horas do día, ferramentas, estilo, fontes a consultar, etc.
  • Escribe sobre cousas que poidan axudar aos demais. Crea valor. Xera ideas. Dá solucións.
  • Dá a túa opinión. Escríbea. Deféndea. Transfórmaa. Amplíaa. Comunícaa. Loita polo que cres. Deixa a arrogancia para cando comas sushi só diante do televisor da túa casa. Tes que ser humilde, sempre hai xente que sabe menos ca ti, e sempre hai alguén que sabe máis.
  • Ponte en marcha. É hora de comezar.

2 respostas a “Anímate a escribir

  1. De Antonio da Val e Silvia para os Irmandiños e de Laura e Manuel para Breixo, Darío, Nico e Andres, que teñades unhas Felices Festas e un próspero Ani Novo na compaña de familiares e amigos. ¡¡ Ala Celta!!

  2. Tamén para Ulla, a nena máis bonita de Guillade.

Deixar un comentario