Recollo este documental en Youtube, rodado no ano 1941, e que de modo moi emotivo relata o proceso de construción dun carro de bois (e vacas) e os usos que tiña. Podemos ver imaxes da malla do centeo, dos traballos co liño, etc. Aos que xa pasamos dos 40 ou 50 anos, e que sendo nenos aínda nos puxemos algunha vez diante das vacas para guiar o carro, ou iamos e viñamos do monte montados enriba da leña ou do toxo, seguro que aínda nos emocionará coas lembranzas da nosa infancia. Aquí, en Guillade, haberá como uns 20 anos que se extinguiron os últimos carros, alá pola primeira metade dos anos 90, unha vez que as vacas tamén foron desaparecendo e se introduciron os primeiros chimpíns que foron reemprazando o uso do carro nas economías familiares.
Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Os nosos blogs