Salvados: Oligopoly (O xogo da enerxía)

Parece que o programa do pasado domingo de “Salvados” (na Sexta ás 21:30) causou desazón no sector das eléctricas. Por primera vez un periodista atreveuse a denunciar o que todos sabemos por experiencia: a situación de oligopolio, a falta de transparencia, a complicidade cos políticos e os seus beneficios esaxerados a conta dos nosos petos. Estes xigantes non só teñen na súa nómina a ex ministros e ex presidentes (¿como pago de favores?), tamén engordan a un bo número de periodistas para que defendan coa pluma os sus intereses. E ademais, debido á situación de crise dos medios de comunicación, utilizan a arma do investimento en publicidade para garantir que sempre terán tratos favorables.

Ver o programa neste enlace

Deixar un comentario