Arquivos mensuais: Abril 2012

Blogs para curiosear: Principia Marsupia

Inauguramos esta sección de recomendacións de blogs dos que asinaríamos algúns ou moitos dos seus artigos, co blog Principia Marsupia, de Alberto Sicilia, investigador en física teórica,

  e moi visitado estes días pola publicación do artigo “Carta dun investigador al Rey Don Juan Carlos”, pero que tamén ten bos artigos sobre literatura, ciencia e outros temas sensibles, intercalados con notas de humor.

Recomendo entre eles:

Los beneficios de mi fracaso
Las ideas científicas más hermosas, profundas y elegantes
La ciencia es poesía: somos hijos de las estrellas
¿Quién enseñó inglés a William Shakespeare?
La verdad de un actor
Primera carta a Camps
Segunda carta a Camps
Cambridge y yo
Adiós maestro
Kurt Vonnegut: humor, inteligencia y ternura
Mis mujeres, Alfred Hitchcock y los chistes malos
Pienso, luego ya tu sabes
Selección de chistes malos
Física Cuántica para orangutanes perezosos
¿Es fácil construir una bomba atómica?

Non ás fumigacións no eucalipto

Está previsto fumigar todos os eucaliptais de Galicia cun insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido na UE a partir do 1 de agosto de 2012.

Sospéitase que tras este plan está o interese por vender un enorme stock do insecticida Flufenoxuron antes de que entre en vigor a súa prohibición. Aos pequenos propietarios de plantacións ofréceselles a fumigación gratuita e animáseos a solicitar a fumigación aérea, que loxicamente afectará a un área moito máis grande dada a natureza imprecisa deste tipo de técnicas.

Debemos mobilizarnos para salvar as abellas e o resto do ecosistema galego. ¡Nin unha pinga deste veneno debe caer sobre os montes galegos!

Apóianos!!!

A civilización do espectáculo

Recollemos unha entrevista a Mario Vargas LLosa, no diario El País, con motivo da publicación do seu libro “A civilización do espectáculo”.

(Mario Vargas Llosa en su casa de París en 2003. / DANIEL MORDZINSKI)

Nela, o autor fai unha crítica da banalización da cultura actual, da perda de valores da cultura clásica, en beneficio do reinado universal do entretemento.

Contrariamente á ilusión de que o acceso dunha gran parte da poboación mundial á cultura clásica ía mellorar a humanidade, sucede todo o contrario, é a condición humana actual a que devora á cultura clásica e que trivializándoa e banalizándoa convértea en frívolo espectáculo e pasatempo.

Simiocracia, de Aleix Saló

Este vídeo, a modo dunha segunda parte de “Españistán” cóntanos cunha animación divertida a orixe e a evolución da crise económica en España a partir do 2008, resultado da interacción entre tres axentes principais: a Administración, Bancos e Caixas e as Empresas Inmobiliarias.