O ATAQUE OS INCENDIOS

A militarizacion crescente da sociedade civil, vislumbrase xá em certos detalhes tais como o combate ós incendios. O nosso vecinho “Pintasilgo”, home sempre colaborador com a autoridade, quando chegou á America dos Miamis, foi inmediatamente incorporado ó “Staf”, e gratificado com duas estrelas militares no bonet, que semelhaban o grau de tenente do exercito, ninguem como os Americanos para reconhecer um talento.
Pois agora apagar fogos, tamen se convertiu entre nós nunha guerra, em lugar de seren extinguidos como sempre se facia, agora son atacados por forzas para–militares, que em tanques e helicopteros bombardeian as chamas rebeldes.
Parece realmente como se non houvera vontade de apagar o lume, senon mais bem a intencion de espalhalo por todos os lados, ou sexa globalizalo. Antes vinha a Guardia Civil a propósito desde Pontareas, que daquela estaba muito mais lonxe que hoxe, e como xa sabia onde pousaban os “Pardais”, dirixiase rauda e veloz á taberna, obrigando o todo o mundo a apagar todo e qualquer incendio, os quais non solian durar mais d’unha hora nas mans espertas dos labregos todos. Hoxe, procuran desesperadamente manter a xente alonxada destas labores, nunha actitude passiva, deixando a nossa salvacion nas mans dunha lexion de companhias professionais, que por norma xeral sempre dan mostras dunha incompetencia desalentadora.
As veces penso, que por detrás destes grandes negócios do “Petróleo-Verde”, Ha algo mais, algo mais tenebroso e profundo, como unha “Globalizacion” da propriedade da terra, como unha despossesion das xentes, unha guerra sem cuartel ós “Comunais” e ó “Mini-Fundio”, e que busca a concentracion brutal das terras nas mans de “Companhias Bananeras”.
Oxalá que me engane rotundamente, e que tudo non pase da influencia das malas novelas de cabalaria, mas pareceme que esta é unha luta que vamos a ter que afrontar nós, e que mal preparados estamos para ela.

Eira Comunal

Deixar un comentario