O TRABALHO SEGUNDO ARISTOTELES

ARISTOTELES

POLITEIA

LIBRO OITAVO (CAPITULO 2)

“Non é dificil de ver, por tanto, que aos xovens ha que ensinarlhes aquelas artes úteis que son absolutamente necesarias; mas é evidente que non deven aprender todas as artes úteis, porque ha que manter a diferenciacion entre as artes que son liberais e as que non o son, e que deben tomar parte naquelas artes que non tornen vulgares ás pessoas que as practican. Há que considerar vulgar um trabalho, unha arte ou unha disciplina que inutilicen o corpo, a anima ou a mente dos homes libres para a realizacion e as accions da Virtude. Por isso chamamos vulgares áquelas artes que perxudican as condicions do corpo e tamen os trabalhos asalariados, porque privan a mente de todo ócio e a degradan. E incluso nas ciencias liberais, ainda quando non sexa improprio de um home libre tomar parte nelas até certo punto, o entregarse  a sí mesmo a elas demasiado asiduamente e con excesivo escrúpulo é exporse a sofrer os mesmos danos que anteriormente mencionamos. Tamen supon unha grande diferença o objectivo que um tenha á vista nunha ocupacion ou um estudio; se um o empreende tendose a si mesmo como fim, a un amigo ou por motivos morais, non é antiliberal, mas o home que o emprende a causa do resto la xente, parecerá a miúdo que está obrando dunha maneira servil. Sexa o que sexa, as disciplinas actualmente em boga, come se dixo antes, orientanse nestas duas direccions.”

Aforismoi.

Deixar un comentario