Dezasete autoras e autores de case outras tantas bisbarras do país, xente moza de entre os 20 e os 30 anos de idade, que nos achegan un monllo de historias breves que de seguro non han deixar o lector indiferente.
Letra en Obras arela ser unha ponte aberta entre os novos creadores e o público. A escrita de calidade tamén se move á marxe dos flashes, dos congresos, das cátedras… e este mosaico quere ser o escaparate desoutra literatura que xa está aquí.
Letra_en_Obras (para descargar, 65 páxinas)
