Desde Tomalaplaza.net propoñen unha manifestación estatal para o 13-N e un manifesto centrado nun
¡CAMBIO DE MODELO XA!
DEFENSA DO PÚBLICO
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
STOP CORRUPCIÓN
>>>CARTEL

Esiximos un CAMBIO DE MODELO XA!:
- A Potenciación do público fronte ao privado, impedindo a privatización e espolio do patrimonio e dos servizos públicos como a auga, a sanidade ou o ensino. Ou como as Caixas de aforros, regaladas despois de sanealas. Porque o público é de todos, e o privado duns poucos.
- Unha democracia non secuestrada polos mercados fronte aos abusos e a ditadura da banca e as multinacionais, e a distribución desigual da riqueza. Que paguen impostos os poderosos. Recuperemos o diñeiro que nos roubou a banca. Porque non é xusto que se afogue a economía de todos para premiar a aqueles que causaron a crise.
- Unha economía social e ecoloxicamente sustentable, baseada na xustiza social, que recoñeza que o traballo é a única fonte de creación de riqueza, que respecte os dereitos laborais tan duramente conquistados. Porque a precarización do traballo é prexudicial para o conxunto da sociedade e porque o actual modelo é fonte de corrupción e crise.
- Persecución real da corrupción e eliminación de todas as leis que a favorecen, como as de financiamento municipal e de partidos políticos, lei electoral xusta. Todos os corruptos fóra de poder. Incompatibilidade de cargos públicos e privados. Orzamentos participativos. Porque isto significa maior democracia para todos.
- Uns modelos de información e participación democráticos e horizontais. Medios de información que dean acceso real aos aos cidadáns aos medios de comunicación. Audiencia pública de autoridades. Consulta cidadá/veciñal. Xuízos cidadáns expertos. Elección cidadá do poder xudicial. Goberno municipal mediante concellos abertos. Porque sen isto non hai democracia.
- Un cambio de modelo urbanístico-territorial, afastado da especulación, cunha economía diversificada que en ningún caso volva potenciar o ladrillo como fonte principal, con moratorias na recualificación de chans e a eliminación de todas as figuras legais que favorecen a especulación, gravando as plusvalías inmobiliarias. Porque necesitamos racionalizar este sector descontrolado.
- A posta en práctica de políticas para unha vivenda digna, con aluguer social das vivendas baleiras e moratoria nos desafiuzamentos por non poder pagar hipotecas, penalización de vivendas baleiras, eliminación de axudas á compra, limitar o endebedamento e tasadora pública independente. Porque é un dereito humano e constitucional.
- Potenciar a protección do medioambiente, o respecto e aumento de áreas protexidas, o consumo responsable e a compra verde, as enerxías renovables e o transporte público, o control da contaminación e unha reciclaxe responsable en todos os ámbitos. Porque non podemos crecer a calquera prezo destruíndo o mundo en que vivimos e os nosos propios recursos.
- Un cambio nas relacións internacionais promovendo a autodeterminación dos pobos e o dereito de todos á Terra. Porque non podemos ser cómplices da violación sistemática de dereitos humanos e da Terra, do espolio planetario de recursos e bens comúns e de intervencións militares neocoloniales que provocan centos de miles de vítimas con pretextos pseudodemocráticos.
- Unha cultura plural, que nos represente a todas as persoas. Porque a cultura tamén é un ben común e público, que non podemos reducir a valores de mercado e dun pensamento único.
- Unha sociedade libre, no respecto á diversidade sexual, funcional, de idade, de procedencia e de calquera outra índole. Porque ninguén pode impor a ninguén unha forma de vida.
Ver entrada completa en tomalaplaza.net
Publicado en Conciencia social
Etiquetado Política