Arquivos diarios: 12/07/2011

O gran casino europeo

Spot sobre as políticas aplicadas pola Unión Europea como parte da campaña contra a Europa do capital, a guerra e as súas crises; pola solidariedade entre os pobos. Máis contidos en attac.tv

George Carlin, o poder das corporacións

Unha parte da conferencia de George Carlin sobre como os gobernos son marionetas en mans das corporacións económicas.

Arcadi Oliveres, a orixe das migracións modernas

Conferencia de Arcadi Oliveres, economista español e un recoñecido activista pola xustiza social e a paz.

Serge Latouche, a economía do decrecemento

Serge Latouche, economista e filósofo, Catedrático emérito da Universidade de Paris Sud, explica a filosofía do decrecemento e os cambios que deberiamos facer, a escala mundial e persoal, para evitar as catástrofes que se aproximan. O crecemento indefinido nun mundo finito é unha imposibilidade, e a única estratexia razonable ante esta evidencia é a re-localización (reverter a tendencia á globalización vivida en décadas recentes). Estamos diante dunha tarefa descomunal, pois require un cambio radical nos valores e anhelos da maioría de individuos das sociedades consumistas.

Prexuízos lingüísticos coa lingua galega

Vídeo montaxe que compara a actitude acomplexada da protagonista Marta, de GH 2011, cos resultados do célebre experimento: The Clark doll experiment. Prexuízos lingüísticos e prexuízos raciais.

Giorgio Gaber, “Qualcuno era comunista”

“Qualcuno era comunista” é un excelente monólogo de Giorgio Gaber

Mouseland (Fábula política)

Fábula política difundida por Tommy Douglas, prominente activista e político, elixido en 2004 como “O canadiense máis grande de todos os tempos”. Recoñecido como pai do paso do sistema de saúde canadiense ao modelo de Asistencia sanitaria universal. (Ver comentarios en Youtube).

A economía de mercado e a débeda (vídeo explicativo)

Vídeo recollido en Youtube, que resume o libro de John Perkins, Confessions of an Economic Hit Man (Confesións dun sicario económico), do que temos unha recensión no blog Pensamiento masónico. 

Españistán, de Aleix Saló (vídeo para entender a orixe da crise económica en España)

O debuxante Aleix Saló acaba de publicar un cómic, Españistán. Este país se va a la mierda (Glénat). O lanzamento do libro complétase cun vídeo de animación “Da burbulla inmobiliaria á crise”.  A noticia foi recollida e está ampliada en http://www.rtve.es/noticias/20110526/espanistan-este-pais-se-va-mierda-retrat…